Sabías que

Dolmen de Cabaleiros

Sabías que hai unha cantiga que alude á orografía da freguesía de Cabaleiros (Tordoia) e que di "Ai, Cabaleiros, Cabaleiros, Cabaleiros terra chan-e, todos os mellores mozos / para Cabaleiros van-e?"

Toponimia e cantigueiro
Cerdedelo, Laza

Sabías que "O lugar de Cerdedelo ten cadro "saideiros": Trasceleiro, O Eiró, Carricovo e o Outeiro"?

Toponimia e cantigueiro
Corme

Sabías que "O cura de Corme é xastre, o de Malpica é mariñeiro, o de Pazos, labrador, e o de Cesullas, gaiteiro"? 

Toponimia e cantigueiro
A Carrasqueira

Sabías que nas Neves (Pontevedra) din que San Nomedio está no Coto, Ascensión na Carrasqueira, San Vicente está no Coto, San Bastián na Moreira"?

Toponimia e cantigueiro
Fontemourente

Sabías que en Mazaricos aínda hoxe cantan "Vilariño está nun alto e Fontemourente na costa"?

Toponimia e cantigueiro
Ponte Nafonso

Sabías que hai unha cantiga que di "Adeus Ponte Nafonso, non sei quen te acabará: trinta anos me levaches a flor da miña mocedá" que fala do dificultosa que foi a obra?

Toponimia e cantigueiro
Pindo

Sabías que, malia parecer grande, "O Pindiño é pequeno, / é pequeno pero é forte, / que para pasar o Pindo / hai que sacar pasaporte"?

Toponimia e cantigueiro
Oliveira

Sabías que "Non hai pola montaña,/ non hai pola ribeira./ Non hai pola Montaña, / parroquia como Olveira"?

Toponimia e cantigueiro
Cerdedelo

Sabías que "O lugar de Cerdedelo / ten catro saideiros: / Trasceleirro e o Eiró, / Carricovo e o Outeiro"?

Toponimia e cantigueiro
Fontemourente

Sabías que Vilariño está no alto / Fontemourente na costa /. Amar a quen non me ama / moito traballiño me costa.?

Toponimia e cantigueiro