Sabías que

Furco

Sabías que en Carballedo cren que "agros coma os de Furco e nabeiras como as de Vales, non as teñen nin os frades"?

Toponimia e fraseoloxía
Pico Sacro

Sabías que en Boqueixón cren que "cando o Pico Sacro pon a touca, haberá auga moita ou pouca"?

Toponimia e fraseoloxía
Redes

Sabías que no concello de Ares escóitase este dito: "En Ares non te pares, en Redes non te quedes e en Caamouco para pouco"?

Toponimia e fraseoloxía
Monte Farelo

Sabías que polas terras da Ulloa dise "cando O Farelo pon a monteira, chove aínda que o ceo non queira"?

Toponimia e fraseoloxía
Amoeiro

Sabías que nas terras de Ourense dise "o que queira bo carneiro, que vaia por el a Amoeiro"?

Toponimia e fraseoloxía
A Frouseira

Sabías que en Alfoz circula o dito de que "se as penas de Oirán se volveran pan, A Frouseira manteiga e o río Ouro viño mouro, non había terra coma O Valadouro"?

Toponimia e fraseoloxía
Cabo Silleiro

Sabías que en Baiona din "Encargos sen diñeiro non pasan do Cabo Silleiro"?

Toponimia e fraseoloxía
Muxía

Sabías que se "Brúa o mar de Muxía, auga para outro día"?

Toponimia e fraseoloxía
Monte Xalo

Sabías que "Cando choran as pedras do Xalo, ventan orballo"?

Toponimia e fraseoloxía
Corrubedo

Sabías que se "Ronca Corrubedo, mariñeiro ponte quedo".

Toponimia e fraseoloxía