Sabías que coa frase “E ti, de que Láncara es?” os naturais deste concello lucense preguntan alguén pola súa orixe?
Sabías que o topónimo O Ingüeiro, que dá nome á corrente de auga que rompe puntualmente a lagoa de Louro, pode ser unha variante da voz "angüeiro", ‘pequena canle que polo medio de xuncais leva augas correntes ao mar’?