Sabías que o significado orixinario do lugar de Hórreos, en Folgoso do Courel, pouco ten que ver coa construción popular e, en cambio, moito coa súa situación xeográfica?
Sabías que segundo conta a etimoloxía popular houbo un home, de apelido Castro que se presentou ante o conde de Lemos para lle pedir a man da súa filla e que este, ao ter máis de unha, preguntoulle: "Castro, cal delas?"