
A Asociación Galega de Onomástica (AGOn) en 2002, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas dedicado a Martín Sarmiento, organizou na Universidade de Compostela o I Congreso Internacional de Onomástica Galega “Frei Martín Sarmiento”. As actas recollen diferentes estudos sobre múltiples aspectos que fan referencia á onomástica. No congreso faise unha mención especial ao traballo realizado no Proxecto Toponimia de Galicia, iniciado dous anos antes.