Toponimízate

Dende o ano 2017, a Secretaría Xeral da Lingua en colaboración coa Real Academia Galega están ofrecendo charlas divulgativas por medio do programa Toponimízate en concellos, colexios, asociacións culturais e centros de maiores sobre o valor cultural da toponimia galega e a necesidade de colaborar na súa recolleita a través da plataforma Galicia Nomeada.

Esta campaña informativa ten como obxectivo principal concienciar a cidadanía do risco que ten de perderse esta parte tan importante do noso patrimonio inmaterial co fin de involucrar a xente que asiste ás charlas na súa salvagarda. Nos relatorios explícase pormenorizadamente o uso da aplicación colaborativa Galicia Nomeada, así como a rendibilidade que se lle pode tirar a esta capa de información cultural unha vez que está xeorreferenciada e normativizada. Ademais, tamén se expón de forma divulgativa o significado dos topónimos maiores (parroquias e aldeas) do concello onde se imparte a charla.

As referidas sesións divulgativas tiveron moi boa acollida nos máis de 100 concellos galegos onde se realizou ata agora esta actividade e prevese continuar con esta liña de actuacións para fomentar a participación cidadá no proxecto Galicia Nomeada.

Novas sobre Toponimízate

O pasado venres 25 de setembro, a campaña Toponomízate. Falámosche dos nomes da túa terra visitou a comarca de Valdeorras para concienciar os cidadáns do Bolo da necesidade e urxencia de recoller os…
A Campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra chega á súa recta final este mes de outubro con tres citas que servirán para despedir a iniciativa ata o ano vindeiro. A primeira destas…
A campaña Toponimízate, Falámosche dos nomes da túa terra despídese esta semana das terras ourensás no concello do Bolo. Os amantes do noso patrimonio cultural e da riqueza toponímica da comarca de…
A campaña de promoción do valor cultural dos nosos nomes da terra e da súa recuperación a través das novas tecnoloxías, Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, chegou o pasado venres 11 de…
A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra desprázase esta semana á provincia de Ourense para un evento moi especial no Centro de Maiores Os Gozos, onde estarán presentes as persoas…
A campaña de posta en valor do valor cultural dos nosos nomes da terra e da súa recuperación a través das novas tecnoloxías, Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, chegou o pasado venres 4…
Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra fará unha nova parada en terras luguesas esta mesma semana. O vindeiro venres 4 de setembro a partir das 19:30 h, a campaña con que a Real Academia…
A campaña de recuperación e posta en valor da nosa toponimia tradicional, Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, volveu con folgos renovados tras o descanso estival. Fíxoo o pasado venres…
Logo dun descaso nos meses de xullo e agosto, a campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra continúa co seu percorrido polo país adiante na procura de colaboradores para salvagardar os…
Ducias de persoas acudiron á charla sobre a recuperación da microtoponimia betanceira. O pasado venres 5 de xuño, o salón azul do Edificio do Arquivo en Betanzos acolleu unha nova xeira da campaña…
A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra continua esta semana a súa xira por terras coruñesas: o Salón azul do Edificio do Arquivo en Betanzos acollerá  este venres, 5 de xuño, a…
Unha ateigada Casa da Cultura de Valdoviño acolleu o pasado venres 29 de maio un dos actos máis emotivos e participativos da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra deste ano. Isto…