Ano
2008
Edición
Instituto da Lingua Galega - Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Autoría
Juan J. Moralejo
Tipo
Etiquetas
Ligazón ao arquivo
Callaica Nomina reúne un conxunto de 19 artigos de Juan José Moralejo, dedicados ao corpus onomástico da zona noroccidental hispánica, e que foron publicados en multitude de revistas e libros ao longo da súa carreira. A publicación recolle traballos con datos e problemas de Teonimia, Etnonimia, Antroponimia e, sobre todo, Toponimia e Hidronimia de Galicia e áreas afines. Os artigos rematan con algún punto de toponimia xermánica e románica e cunhas reflexións sobre a lexislación actual en materia da defensa e corrección do patrimonio toponímico galego.