O presente traballo ten por obxecto o estudo toponímico das 352 aldeas nas que se dividen as 55 parroquias que conforman o termo municipal de Lugo, ademais doutros 59 lugares que se corresponden con barrios, portas, prazas, rúas, etc., que, aínda que non figuran no Nomenclátor da Xunta de Galicia, si constan nos mapas urbanos do concello ou na documentación antiga. Para o seu estudo parte das diferentes ocorrencias medievais para, dende aí, explicar a orixe de cada topónimo.