Toponimia de Chandebrito

Toponimia de Chandebrito
Ano
2017
Edición
Concello de Nigrán
Autoría
Carlos Gómes Costas e Xavier Groba González (coordinadores)

Trátase dun traballo de recollida que realizou a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 e o Clube Espeleolóxico Maúxo ao longo de 2017. Parte da información provén doutros estudos publicados por algúns dos autores deste libro, que amosaron un interese por esta zona do concello de Nigrán desde 1986. Ademais tamén se consultou documentación escrita, que se verificou con enquisas orais a veciños que coñecían os nomes. Os topónimos estudados son os que permaneceron vivos na memoria da xente.