Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga

Toponimia de Dodro e de Laíño
Ano
2011
Edición
Concello de Dodro
Autoría
Manuel Lorenzo Baleirón

O autor realiza un amplo estudo sobre a toponimia do Concello de Dodro. Para elaboralo, tomou como base o Catastro de Rústica do ano 1958, aínda que foron os veciños os que validaron ou desautorizaron a formas catastrais rexistradas. Tamén se empregou outra bibliografía, como por exemplo os interrogatorios do Catastro de Ensenada, os Libros de Fábrica do Arquivo Histórico Diocesano de San Martiño Pinario ou o Preinventario do Patrimonio Etnográfico de San Xoán de Laíño.