Barcia de Mera. Notas de Toponimia, historia e patrimonio

Toponimia de Barcia de Mera
Ano
2020
Edición
Concello do Covelo
Autoría
Alberte Reboreda

O libro aborda o rescate e estudo da toponimia da parroquia covelense de Barcia de Mera a partir da xeolocalización de todos os seus chamadeiros populares. Partindo dunha revisión do Nomenclátor de Galicia, as bases para o estudo dos nomes de lugar apoiouse nos testemuños orais, así como no Dicionario Madoz (1846), a obra de Ávila y la Cueva (1852) e a Geografía General del Reino de Galicia (1936). Tamén se tiveron en consideración os arquivos de referencia para esta freguesía: municipal, diocesano e Histórico Provincial de Pontevedra, nomeadamente o Catastro do Marqués de la Ensenada.