POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS DA APP MÓBIL DE GALICIA NOMEADA

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) así como a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle a continuación dos seguintes aspectos:

Quen é o responsable do tratamento

O responsable do tratamento é a Secretaría Xeral Técnica de la Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (en diante, a Consellería) con domicilio en Edificios administrativos - San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña), web:  https://culturaeducacion.xunta.gal/portada  

Quen é o/a delegado/a de protección de datos

Pode contactar cos Delegados e Delegadas de protección de datos na seguinte ligazón: Delegados/as de protección de datos - Xunta de Galicia

Finalidades, bases de lexitimación e datos recompilados

As persoas usuarias poden optar por utilizar a aplicación sen rexistrarse, tendo acceso ao contido que se atope nesta sen poder realizar ningunha achega. Pero tamén existe a opción de que as persoas usuarias se rexistren para poder comunicar os topónimos que coñezan. Esta aplicación recolle datos persoais que se detallan máis abaixo. 
O perfil da persoa usuaria que se rexistrou poderá eliminarse en calquera momento. Unha vez eliminada a conta, os datos das persoas usuarias non estarán visibles dentro da aplicación. 
A Consellería levará a cabo o tratamento dos datos na súa condición de responsable para as finalidades e de acordo con as bases de lexitimación mostradas a continuación:

  • O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.  

Os datos persoais solicitados e tratados correspóndense coas categorías seguintes:

  • Datos identificativos e de contacto: nome e apelidos, correo electrónico, teléfono de contacto.

  • De xeito optativo pode tratar datos de características persoais: provincia, profesión, estudos e asociación e tamén, no seu caso, datos de localización no caso de que se outorguen os correspondentes permisos.

Os datos das persoas que se rexistren serán utilizados coa finalidade de dar de alta á persoa usuaria e permitir o acceso ás diversas funcionalidades da App.

A aplicación require para o funcionamento dalgunha das súas funcionalidades os seguintes permisos:

  • Acceso á localización do seu dispositivo móbil coa finalidade de que se mostren os topónimos próximos á localización da persoa usuaria. Doutro lado, tamén se poden conceder permisos de localización á aplicación coa finalidade de poñer a localización do topónimo que a persoa usuaria quere crear.

  • Acceso á cámara ou contido multimedia do seu dispositivo móbil para engadir fotos relacionadas cos topónimos que se estea creando.

Estes permisos outorgaranse de forma individual.

Neste sentido, dependendo da versión do seu sistema operativo, desde o que acceda á aplicación amosarase un aviso sobre os permisos de localización coas seguintes opcións:

  • Permitir mentres se utiliza a app.
  • Permitir só unha vez.
  • Non permitir nunca.

Antes de acceder á cámara solicitaranse os permisos necesarios podendo a persoa usuaria:

  • Permitir.
  • Non permitir.

A mensaxe para solicitar os permisos pode variar dependendo do dispositivo que se utilice. Devanditos permisos poderán ser modificados cando a persoa usuaria o desexe desde os axustes do dispositivo. 

Prazo de conservación dos datos

Os datos facilitados polas persoas usuarias serán conservados ata que estas exerciten o seu dereitos á supresión dos datos ou ata que eliminen a conta na aplicación. Unha vez eliminada a conta, os datos das persoas usuarias non estarán visibles dentro da aplicación. Se as persoas usuarias crearon un topónimo valido, eliminaranse os datos do creador quedando ese topónimo asociado a un usuario xenérico. Se as persoas usuarias crearon un topónimo non validado todos os datos serán eliminados do sistema. 

Cesión ou comunicacións dos datos

Os datos recolleitos no formulario de rexistro serán comunicados á Real Academia Galega para a tramitación do usuario e a comprobación dos topónimos.

Dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Se desexa consultar máis información sobre o exercicio de dereitos pode facelo en:

Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais - Xunta de Galicia 

Modificación da Política de privacidade

A Consellería resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade. 

Normativa básica aplicable

Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD): norma de aplicación directa en toda a Unión Europea, relativa á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos. 

Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD): norma que ten por obxecto a adaptación do ordenamento xurídico español ao RXPD, completar as súas disposicións e garantir os dereitos dixitais. 

Máis información

Pode ampliar esta información pulsando aquí

Cláusula Protección de Datos

Esta cláusula debe acompañar ao formulario de rexistro para que as persoas usuarias poidan acceder á información básica sobre a protección dos seus datos persoais antes de darse de alta na aplicación.

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Responsable do tratamento

Xunta de Galicia – Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Finalidades do tratamento     Tramitar a súa solicitude de alta como usuario da App e permitir ás persoas usuarias o acceso ás diversas funcionalidades da App.

Lexitimación para o tratamento

Cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Destinatarios dos datos

Os datos recolleitos no formulario poderán ser comunicados á Real Academia Galega para a tramitación do usuario e a comprobación dos topónimos.

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos  

Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional

https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos