Sabías que Balaídos, o nome do estadio do Real Club Celta de Vigo, é un fitotopónimo?
Sabías que os topónimos A Borroa, A Cernadela, A Queimada, A Estibada, A Seara, A Cachada, A Rozada... fan referencia a antigos traballos de roza e queima do monte para facer novos terreos de labradío?