O Seminario de Onomástica responde: Brandomil

Brandomil é talvez a freguesía con máis sona do concello coruñés de Zas. Eduardo Pondal bautizou co seu nome un dos seus imaxinarios heroes celtas, o “valente Brandomil”, a quen o bardo bergantiñán lle deu a mesma importancia ca o mítico Breogán, fundador da nación galega. Ademais, Brandomil destacou na actualidade debido ás últimas escavacións arqueolóxicas que se desenvolveron no lugar chamado A Pedra do Altar, pois sacaron á luz un dos depósitos arqueolóxicos máis importantes da Gallaecia romana. 

O académico correspondente e membro do Seminario de Onomástica da RAG, Xose María Lema, aproveita a sona literaria e arqueolóxica de Brandomil para afondar na orixe etimolóxica do topónimo neste novo capítulo da serie O Seminario de Onomástica responde
 

Tamén che pode interesar...

O nome do concello do Pino, última parada no Camiño Francés antes de chegar a Santiago de Compostela, mantense…

O adxectivo arcaico vedro, -a, procedente do adxectivo latino VETERUM, deixou de usarse na nosa lingua na…