O Seminario de Onomástica responde: Ortoño

Ortoño é un dos lugares máis importantes da nosa cultura, pois nesta parroquia do concello de Ames pasou a súa infancia a gran Rosalía de Castro, a figura literaria que simboliza o Rexurdimento das nosas letras. Ademais, tamén foi o lugar escollido simbolicamente polo Seminario de Estudos Galegos para certificar o seu nacemento, na casa das tías de Rosalía. Tendo en conta que esta parroquia forma parte da paisaxe da infancia do académico numerario Ramón Lorenzo, quen mellor ca el para desvelar a orixe e significado do topónimo Ortoño neste novo capítulo da serie O Seminario de Onomástica responde.

Tamén che pode interesar...

Malpica é un topónimo de etimoloxía controvertida. O feito de repetirse noutras partes da península levou a…

Muxía é un topónimo cuxa etimoloxía está ligada desde antigo co mosteiro de San Xulián de Moraime, un cenobio…