Axuda a salvagardar o teu patrimonio inmaterial
Como podo colaborar?
Este proxecto precisa, agora máis ca nunca, do coñecemento e da paciencia que, por toda Galicia, poñen centos de persoas á nosa disposición para contribuíren na salvagarda dun patrimonio colectivo único no mundo. Ninguén coñece mellor os nomes dun territorio cás persoas que o habitan. Elas conservaron e transmitiron co seu uso, despois de varias xeracións, este ben cultural tan valioso.
Cómpre que todos poñamos o noso gran de area nesta grande obra colectiva cultural do pobo galego para que non se perda e para darmos a coñecer a historia de cada recuncho da nosa terra e do noso mar.
Contacta canto antes coa plataforma Galicia Nomeada desde o teu ordenador ou descarga a app para o teu dispositivo móbil. Solicítanos unha conta de usuario, e comeza a facer as túas achegas. Adiante!
Onde podo contactar?
Contacta connosco a través do correo electrónico toponimia@academia.gal ou no teléfono 881 995 322.
usuarios
topónimos