O seminario de Onomástica responde: Córgomo

Córgomo é este ano o epicentro da lingua e da literatura galegas. Esta pequena localidade do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras acollerá o vindeiro 17 de maio a sesión plenaria extraordinaria da Real Academia Galega co motivo do Día das Letras. Nela naceu Florencio Delgado Gurriarán, escritor protagonista das nosas letras en 2022 e bo coñecedor da importancia evocadora e poética dos nosos nomes de lugar.

Con este topónimo único en Galicia, comezamos unha nova xeira de capítulos da serie “O Seminario de Onomástica responde”, na que os seus membros deitan luz sobre o significado e orixe dos nosos nomes de lugar. Neste caso, o académico Gonzalo Navaza é quen nos descobre que agocha o topónimo Córgomo. 

Tamén che pode interesar...

O nome do concello do Pino, última parada no Camiño Francés antes de chegar a Santiago de Compostela, mantense…

O Concello do Riós é un dos municipios galegos en que se modificará o seu nome oficial  na nova edición do Nomenclátor…