Fitotoponimia Galega

Fitotoponimia
Ano
2006
Edición
Fundación Pedro Barrié de la Maza
Autoría
Gonzalo Navaza Blanco
Etiquetas

Esta obra constitúe un traballo rigoroso sobre preto de 8.000 topónimos derivados de 240 formas toponímicas que se corresponden a 150 especies botánicas distintas, debidamente identificadas e explicadas. O propósito do autor é iniciar unha catalogación e estudo da fitotoponimia galega, partindo da análise da toponimia maior e menor dun territorio que comprende toda a provincia de Ourense e algunhas áreas limítrofes. Ademais tamén se fan alusións á toponimia doutras áreas galegas, referíndose unicamente a topónimos maiores, é dicir, a nomes de entidades de poboación incluídas nos nomenclátores oficiais de Galicia.