Os nomes de lugar en Pontecesures

Nomes de lugar en Pontecesures
Ano
2002
Edición
Concello de Pontecesures
Autoría
Begoña Campaña Potel

A intención deste traballo é sobre todo divulgativa, sen perder a rigorosidade mais primando a clareza por riba de cuestións lingüísticas, co fin de transmitir o legado toponímico do concello de Pontecesures transmitido de xeración en xeración. Isto faise especialmente necesario nun lugar como Pontecesures que acolle novos veciños procedentes doutros concellos. Seguindo os pasos de Sarmiento, neste estudo faise unha clasificación en seis categorías semánticas, tratando de xeito independente o propio nome do concello: a terra, a auga, asentamentos humanos e vías de comunicación, fauna e flora, o traballo e nomes propios.