Toponimia do Concello de Friol

Toponimia de Friol
Ano
2016
Edición
Concello de Friol
Autoría
Laura Ferro Devesa

A publicación foi galardoada co segundo premio no I Certame de Investigación Histórica, Cultural e Etnográfica "Concello de Friol". O traballo ten como obxecto o estudo toponímico das 32 parroquias  que  conforman  o  concello  de  Friol  xunto  cos  seus  respectivos  lugares. Tamén se recollen certas lendas populares, a historia de feiras e mesmo de certos tramos do Camiño de   Santiago,   que   serven   para   aclarar   a   orixe   do   nome   de   cada emprazamento. Para realizar esta tarefa, a autora parte de diversos estudos nos que se expoñen as ocorrencias medievais e propón unha (ou varias) orixe para cada topónimo.