O Seminario de Onomástica responde: Zas

Ata datas recentes dábase por certa a hipótese de que  Zas era un topónimo de orixe xermánica a partir do étimo SALA ‘pazo ou residencia principal’. Pero, investigacións recentes rexeitaron a interpretación clásica que se lle daba a este nome que identifica un concello e parroquia da Terra de Soneira. O académico correspondente Xosé María Lema explícanos neste novo capítulo da serie O Seminario de Onomástica responde cal é a principal hipótese para dar sentido ao topónimo Zas