Toponimia do Val de Fragoso 2. Lavadores

Toponimia do Val de Fragoso 2
Ano
2010
Edición
Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo - Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
Autoría
Iván Sestay Martínez

Segundo dos volumes editado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo en colaboración co Concello de Vigo sobre a toponimia das súas parroquias, neste caso a de Lavadores. O seu territorio participa dunha contorna rural e mais da urbana, con todas as gradacións intermedias posibles, que van dende zonas absolutamente rurais como Sabaxáns a outras plenamente urbanas como O Calvario. Esta riqueza de paisaxes ten reflexo na situación da súa toponimia, na vitalidade dos microtopónimos, que mingua a medida que aumenta a urbanización e o tempo que un lugar leva urbanizado.