Toponimia do Val de Fragoso 4. Freixeiro e Sárdoma

Toponimia do Val de Fragoso 4. Freixeiro e Sárdoma
Ano
2015
Edición
Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo - Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
Autoría
Iván Sestay Martínez

Cuarto dos volumes editado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo en colaboración co Concello de Vigo sobre a toponimia das súas parroquias, neste caso das parroquias periurbanas de Freixeiro e Sárdoma. O elemento artellador das dúas parroquias é o curso medio do Lagares e máis o val polo que flúe, estreitándose moito en Freixeiro e cunha forma máis ancha é chá en Sárdoma. Parte do terreo é unha zona urbana engastada xa no tecido da cidade de Vigo, que corresponde, a grosso modo, co barrio do Couto. A toponimia desta contorna está na súa maior parte perdida no uso actual, por máis que esa perda sexa moi recente.