Toponimia do Val de Fragoso 6. Bembrive

Toponimia do Val de Fragoso 6
Ano
2018
Edición
Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo - Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
Autoría
Marta Álvarez Pérez

Sexto dos volumes editado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo en colaboración co Concello de Vigo sobre a toponimia das súas parroquias, neste caso da parroquia de Bembrive, á que se sumou a Entidade Menor Local de Bembrive. O libro divídese en tres grandes bloques: a auga, a terra e o espazo habitado. No primeiro agrúpanse todos os topónimos que teñen que ver coa auga. O segundo recolle os nomes que falan das características do medio, da flora e da fauna. Por último, atópanse os topónimos que expresan unha relación coa actividade humana: os que falan de construcións, vías de comunicación ou actividades económicas; dos primeiros asentamentos humanos; de expresións culturais ou relixiosas...Tamén neste grupo estarían os que derivan do nome, apelido ou alcuño dunha persoa.