Os nomes dos concellos da provincia da Coruña

Portada da toponimia municipal da provincia da Coruña
Ano
2020
Edición
Real Academia Galega e Deputación da Coruña
Autoría
Seminario de Onomástica da RAG. Autoría: Gonzalo Navaza

Os membros do Seminario de Onomástica da RAG asinan a presente publicación, redactada polo profesor Gonzalo Navaza, na que se explica de forma divulgativa a orixe e significado dos nomes dos 93 concellos existentes na provincia da Coruña.

Na entrada de cada un destes topónimos municipais, indícase a data de creación do concello e a súa capitalidade, ofrécense atestacións escritas do nome na documentación histórica e, despois de recompilar as distintas hipóteses etimolóxicas existentes, proporciónanse as propias teorías dos membros do Seminario sobre o seu significado.

Estamos seguros que unha publicación coma esta satisfará a curiosidade da veciñanza e ampliará os coñecementos das novas xeracións sobre a historia do seu municipio, pois naceu co obxectivo fundamental de achegar a toponimia á cidadanía, de facela amena e atractiva, ademais de ser unha ferramenta didáctica moi útil para o ensino.