Nomes de persoa na toponimia de Lalín

Nomes de persoa na toponimia de Lalín
Ano
2022
Edición
Real Academia Galega
Autoría
Gonzalo Navaza, Antón Santamarina

Texto do discurso que o profesor da Universidade de Vigo e investigador de referencia no campo da toponimia galega, Gonzalo Navaza, leu o 5 de novembro de 2022 no acto da súa recepción. Inclúe a resposta do académico Antón Santamarina. Nel, Gonzalo Navaza fai un percorrido polos nomes de lugar do seu concello natal, Lalín, que teñen a súa orixe nun antropónimo.