Toponimia do Val de Fragoso 10. Matamá

Toponimia do Val de Fragoso Matamá
Ano
2026
Edición
Concello de Vigo
Autoría
Gonzalo Navaza Blanco, Arantzazu Luna, Marcos Alonso Rodriguez

Este novo número da Toponimia do Val de Fragoso está dedicado aos nomes de lugar da parroquia de Matamá. Os topónimos estudados foron recollidos por Marcos Alonso Rodrigues, tanto mediante traballo de campo como a través da documentación histórica, para os libros Matamá. Unha ollada ao pasado I e II (2022), dos que é coautor xunto con Xulio Fernández Pintos.