Sabías que polo Carballiño dise "os de Vilaenfesta parten a testa; os de Trabazos parten os brazos; os de Tanxil teñen barriga de tamboril; os do Gamoal comen o caldo sen sal; e os de Arenteiriño derraman o fuciño"?
Sabías que os topónimos de Antas de Ulla, O Monte Farelo e a aldea de Facha, fálannos da existencia na antigüidade dun sistema de comunicación baseado en luminarias?