Os nomes da nosa terra. Oleiros

Sabías que podes ir a Babilonia sen saíres de Galicia e sen viaxares no tempo? Só tes que te desprazar a Oleiros ou ver este vídeo onde Martín Montero González nos conta a orixe curiosa do non menos curioso topónimo As Viñas de Babilonia. Grazas á iniciativa dos veciños deste concello coruñés, conseguiron conservar este e outros nomes nas rúas e urbanizacións despois de que o crecemento urbanístico da zona transformase por completo a paisaxe. 

Neste capítulo da serie "Os nomes da nosa terra", Fran Cañotas tamén percorre os nomes das leiras de San Pedro de Nós da man de Antonio Sánchez Cacheiro, quen durante máis de cincuenta anos traballou en todas elas e foi apuntando as súas denominacións.

A serie "Os nomes da nosa terra" é un proxecto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), que está apoiado pola Xunta de Galicia ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo.

 
Tamén che pode interesar...

Detrás dalgúns topónimos hai historias que nos falan das crenzas relixiosas ou pagás dos nosos antepasados, historias que chegaron ata…

A vida nunha illa transcorre paralela aos feitos que afectan ao resto do mundo, pero coas súas propias singularidades. Isto fai que os…