Sabías que o artigo dos topónimos contrae sempre coas preposicións EN, DE, POR e CON, de maneira que debemos escribir «vai na Coruña», «son da Pobra», «ando pola Fonsagrada» e «Arteixo linda coa Laracha»?
Sabías que a romaría da virxe do Xurés ten a súa propia cantiga que di "Eu heime de ir ao Xurés / con estas miñas amigas,/ hemos de botar un neto / e hemos de comprar sardiñas"?