Sabías que o topónimo O Ingüeiro, que dá nome á corrente de auga que rompe puntualmente a lagoa de Louro, pode ser unha variante da voz "angüeiro", ‘pequena canle que polo medio de xuncais leva augas correntes ao mar’?
Sabías que hai unha cantiga que lembra os oficio do pasado en Buño e Noia e di "Ainda que somos de Buño / non somos todos oleiros. / Tamén en terras de Noia / non son todos Zapateiros"?