Talasonimia da costa sur de Galicia

Talasonimia da costa sur de Galicia
Ano
2008
Edición
Instituto de Estudos Miñoranos
Autoría
Xosé Lois Vilar Pedreira

Recóllese e analízase a talasonimia (nomes propios do mar e da costa) da parte máis meridional de Galicia, entre A Guarda e Nigrán. O estudo preséntase dividido en dúas partes: a primeira presenta os talasónimos recollidos nunha rigorosa análise de diversas fontes documentais datadas entre os sécs. XVI e XX, que se complementa cun traballo de campo a través de enquisas realizadas a informantes locais cun alto grao de vinculación co mar. A segunda parte ofrece a edición dun documento inédito e excepcional: O Caderno de Marcas de Selegante, que aparece reproducido de forma facsimilar e que revela nomes pertencentes a realidades invisibles dos fondos mariños ou puntos aparentemente imprecisos na superficie do mar. Tamén dedica un apartado a cada un dos significados dos nomes xenéricos (allada, baixo, beirada, brugal, cabezo etc.) que describen a realidade xeográfica á que se refire o topónimo e que se distinguen dos nomes específicos por seren estes os elementos que o identifican de xeito particular.