Sabías que existe un refrán que fai referencia ao Monte Mondigo que di que "cando o Mondigo pon o capelo, todas as vellas tembran de medo"?
Sabías que os topónimos Catasol e Catasós repartidos por Galicia están compostos polas palabras latinas CAPTA ‘ver, mirar’ + SOLE (S) ‘sol’ e identifican lugares onde pega ben o sol?