Arzúa é unha das localidades máis importantes do Camiño de Santiago en territorio galego. Porén, dáse a curiosidade de que o seu nome non aparece mencionado na principal guía medieval sobre esta vía de peregrinación a Compostela, o Códice Calixtino. Neste capítulo da serie documental O Seminario de Onomástica responde, o académico Antón Santamarina resolve este misterio e expón as principais hipóteses que existen sobre a orixe do topónimo Arzúa.
Tamén che pode interesar...
Begoña Caamaño publicou, alén doutros textos, dúas obras narrativas: Circe ou o pracer do azul e Morgana…
Outro dos topónimos que marcaron a vida de Begoña Caamaño…