O Seminario de Onomástica responde: Balaídos

Neste ano 2023, o Real Club Celta de Vigo cumpre o seu primeiro centenario. A sección O Seminario de Onomástica responde, da Real Academia Galega, quere contribuír a esta celebración cun vídeo no que o académico Gonzalo Navaza explica o topónimo que máis se identifica co equipo olívico no mundo, Balaídos, o nome do seu estadio.