Un dos topónimos curiosos que existe no Nomenclátor de Galicia é A Cebola, especialmente se temos en conta que se sitúa na parroquia do Allo. Fóra do que poida parecer, A Cebola non é un fitotopónimo, isto é, un topónimo con orixe no nome dunha planta.
O académico correspondente e membro do Seminario de Onomástica Xosé María Lema viaxa a este lugar de Zas para ensinarnos a orixe do seu nome e outras curiosidades, entre elas, que este topónimo protagonizou un texto do cura de Fruíme.
O culto á auga e ás fontes deixou pegadas evidentes nos nosos nomes de lugar, como o demostra o topónimo A Fonsagrada…
Carnota é un unicum, isto é, non hai en todo o país ningunha outra entidade de poboación coa mesma…