Quen mellor que don Ramón Lorenzo para ensinarnos de primeira man o lugar de Eirapedriña, no concello de Ames. No actual número 39 desta aldea da parroquia de Bugallido, no barrio da Taberna, naceu e viviu a súa infancia o académico numerario e catedrático amesán.
Neste capítulo do Seminario de Onomástica responde percorremos as partes desta aldea que formaron a súa xeografía máis persoal e descubrimos as súas lembranzas sobre os topónimos que mantén vivos na súa memoria: A Eira da Foliada, A Taberna, O Rueiro... Un paseo que non podes perder!
Muxía é un topónimo cuxa etimoloxía está ligada desde antigo co mosteiro de San Xulián de Moraime, un cenobio…
Mens é un topónimo moi coñecido grazas a que serve de denominación a todo un símbolo das agrupacións de música…