O Seminario de Onomástica responde: Lavadores

Outro dos topónimos que marcaron a vida de Begoña Caamaño foi o de Lavadores, nome da parroquia viguesa onde se sitúa o barrio do Calvario onde naceu. Neste novo capítulo da serie O Seminario de Onomástica responde, como homenaxe á escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, o académico Gonzalo Navaza explica a principal hipótese etimolóxica sobre o topónimo Lavadores, que ata o ano 1941 foi concello independente do de Vigo.
 

Tamén che pode interesar...

O culto á auga e ás fontes deixou pegadas evidentes nos nosos nomes de lugar, como o demostra o topónimo A Fonsagrada…

Carnota é un unicum, isto é, non hai en todo o país ningunha outra entidade de poboación coa mesma…