O Seminario de Onomástica responde: Moraime

Un dos mosteiros máis importantes da Galicia medieval foi o de San Xulián de Moraime: protexido polos condes de Traba, nel foi educado o que acabaría sendo rei de Galicia, Afonso VII, fillo de dona Urraca. Nun novo capítulo de O Seminario de Onomástica responde, viaxamos ata a igrexa de San Xulián de Moraime onde Xosé María Lema Suárez nos explica a historia do mosteiro e a principal orixe sobre o topónimo.

Tamén che pode interesar...

Begoña Caamaño publicou, alén doutros textos, dúas obras narrativas: Circe ou o pracer do azul e Morgana…

O nome do concello do Pino, última parada no Camiño Francés antes de chegar a Santiago de Compostela, mantense…