O nome do concello do Pino, última parada no Camiño Francés antes de chegar a Santiago de Compostela, mantense inalterable desde as primeiras atestacións que temos del en documentos escritos do século X. Estes testemuños e outros semellantes nos séculos seguintes son especialmente significativos para descubrirmos cal é a súa etimoloxía.
Neste novo capítulo da serie O Seminario de Onomástica responde, o académico da RAG e director do Seminario de Onomástica Antón Santamarina repasa as principais hipóteses sobre a orixe e significado do nome O Pino.
O adxectivo arcaico vedro, -a, procedente do adxectivo latino VETERUM, deixou de usarse na nosa lingua na…
O Concello do Riós é un dos municipios galegos en que se modificará o seu nome oficial na nova edición do Nomenclátor…