O Seminario de Onomástica responde: O Riós

O Concello do Riós é un dos municipios galegos en que se modificará o seu nome oficial  na nova edición do Nomenclátor de Galicia que se publicará proximamente. A restitución do artigo proposta pola Seminario de Onomástica da RAG, O Riós, foi aceptada pola Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia na súa xuntanza do mes de xullo deste ano, respondendo así a unha demanda histórica da veciñanza deste fermoso concello do sueste ourensán.

Para defender os argumentos en que se apoia este ditame e tamén para explicar as posibles orixes etimolóxicas do topónimo O Riós, ninguén mellor que o orriolense Vicente Feijoo Ares, coordinador técnico do Seminario de Onomástica da RAG.

Tamén che pode interesar...

Begoña Caamaño publicou, alén doutros textos, dúas obras narrativas: Circe ou o pracer do azul e Morgana…