No ano 1836, naceu o Concello da Pobra do Caramiñal ao se xuntaren cinco parroquias que ata entón formaban parte de varias xurisdicións da provincia de Santiago de Compostela. O nome oficial que se lle asignou foi o resultado da unión de dúas localidades que xa desde antigo formaban practicamente un continuo urbano, A Pobra do Deán e O Caramiñal.
A académica Ana Boullón Agrelo, natural desta localidade da comarca da Barbanza, analiza neste novo vídeo da serie O Seminario de Onomástica responde os dous nomes que compoñen este sintagma toponímico, Pobra e Caramiñal.
Carnota é un unicum, isto é, non hai en todo o país ningunha outra entidade de poboación coa mesma…