Pombeiro é unha voz que non recollen os dicionarios do galego actual; porén, esta atestado o seu uso en épocas remotas cun significado que ben puido motivar a orixe do topónimo homónimo que identifica unha parroquia do concello lugués de Pantón.
Antón Palacio, académico correspondente e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, explícanos neste vídeo da serie O Seminario de Onomástica responde a orixe do topónimo pantonés, tamén rexistrado noutros concellos do país como Arbo, Ourol, Vilalba e Cervantes.
Tamén che pode interesar...