Fase 3: Control e revisión da información

No SITGA, os técnicos de gabinete revisaban, depuraban e corrixían a información recollida no campo.

Revisión parcial realizada durante o traballo de campo

Realizábase un seguimento mensual do traballo dos técnicos de campo e facíase unha revisión da toponimia recollida durante este período.

Con esta supervisión corrixíanse erros de consideración tanto ao introducir os datos na base como ao plasmar a información na fotografía aérea. Formaba parte dos traballos de coordinación, de apoio e de orientación aos técnicos de campo.

Revisión final

Unha vez rematado o traballo de campo e entregada a base de datos e as fotos de traballo, revísase esta información en diferentes niveis. Contábase, para este fin, cunha aplicación informática que de maneira automática realizaba unha serie de consultas sobre os datos da base e permitía ver os contidos para que se puidesen corrixir ou mandar de novo a campo

 

Fase 2: Traballo de campo         ------         Fase 4: Supervisión da Comisión de Toponimia

 

  • Fase 3: Control e revisión da información