Fase 2: Traballo de campo

traballo de campo baseábase principalmente na enquisa oral, pois tratábase de rexistrar coa máxima fidelidade os nomes, do xeito que son pronunciados polos informantes. Estes seleccionábanse, en consecuencia, entre xente nacida na zona ou cunha longa presenza nela, que empregaba o galego habitualmente e que tiña un bo coñecemento do territorio.

Ademais das características lingüísticas de cada topónimo (sobre todo, fonéticas e morfolóxicas), era preciso rexistrar as xeográficas (localización e tipoloxía).
Como apoio da anterior, aproveitábase a información toponímica que puidese na cartografía (mapa 1:25.000 do Instituto Geográfico Nacional, planos urbanos e parcelarios, catastro...), ou en calquera outro artigo ou monografía, prestando especial atención ao Nomenclátor de Galicia. Estes datos contrastábanse coa información recolleita en campo.

Para levar a cabo este traballo, o PTG estableceu os seguintes procesos:

1. Curso de formación metodolóxica

2. Coñecemento do territorio partindo da documentación existente

3. A enquisa de campo

4. Contraste da información

5. Introdución dos nomes nunha base de datos

No documento anexo pode verse polo miúdo como se desenvolvía cada un dos procesos que se realizaban no labor de campo.

 

Fase 1: Presentación institucional         ------         Fase 3: Control e revisión dos traballos de campo

 

  • Fase 2: Traballo de campo
Documentos