A dirección do proxecto informaba dos obxectivos do PTG aos alcaldes e alcaldesas dos distintos concellos de Galicia, así como a asociacións ou organismos que estivesen interesados en colaborar na recollida da toponimia dunha determinada zona (aldea, parroquia ou mesmo un concello enteiro). Nesta presentación trazábanse as liñas de actuación que se levarían a cabo tanto por parte do concello ou entidade colaboradora como por parte do SITGA, que era o responsable da execución do traballo.