Fase 4: Supervisión da Comisión de Toponimia

O labor da Ponencia de Estudos da Comisión de Toponimia implicaba unha primeira fase de traballo de gabinete na que o equipo de lingüistas do proxecto realizaba unha nova revisión dos topónimos para facer unha escolma dos máis problemáticos. Estes eran codificados segundo o tipo de problema lingüístico (gráfico, fonético, morfolóxico, sintáctico...) que presentase cada un deles. Logo facíase un contraste dos topónimos clasificados como entidades de poboación co Nomenclátor de Galicia.

Nunha segunda fase, reuníanse os membros da Ponencia de Estudos. Puñan en común o ditame dos topónimos preseleccionados e propuñan unha primeira forma normativizada. Os topónimos que non se podían ditaminar na sesión de traballo enviábanse de novo a comprobar ou a preguntar en campo, ou quedaban pendentes de que se puidese ampliar información sobre eles mediante consultas en fontes escritas, tanto históricas como actuais.

Para facilitar a análise da información deseñouse un programa informático que permitía que cada membro da Comisión puidese visualizar dun xeito fácil as particularidades de cada topónimo e facer os comentarios pertinentes para a súa fixación final. Así mesmo, permitía consultar formas xa normativizadas noutros concellos que puidesen servir de criterio para solucionar un problema concreto

 

 

Fase 3: Control e revisión dos traballos de campo         ------         Fase 5: Dixitalización dos topónimos na ortofoto

  • Fase 4: Supervisión da Comisión de Toponimia