Fase 5: Dixitalización dos topónimos na ortofoto

Mediante un programa SIX, e tendo diante a foto aérea na que se localizou a toponimia recollida en campo, introducíanse os topónimos nun sistema de coordenadas, o que permitía a súa xeorreferenciación. Esta información convertíase así nunha capa máis das existentes na cartografía e posibilitaba a realización de consultas interactivas coa base de datos, o que facilitaba a visualización da información parcial ou completa do topónimo. Tamén se podían crear mapas temáticos partindo dunha selección da toponimia en función duns criterios determinados (pola fonética, a tipoloxía xeográfica etc.)

A seguinte foto exemplifica o proceso e dixitalización dos topónimos:

 

Fase 4: Supervisión da Comisión de Toponimia         ------         Fase 6: Exposición pública dos mapas toponímicos

 

  • Fase 5: Dixitalización dos topónimos na ortofoto