Toponimia do Val de Fragoso 1. Coia

Toponimia do Val de Fragoso I. Coia
Ano
2008
Edición
Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
Autoría
Iván Sestay Martínez

Este volume inicia unha serie dedicada á toponimia das parroquias do Concello de Vigo. Iván Sestay realizou neste traballo un labor de arqueoloxía lingüística, recuperando de boca dos falantes nativos que aínda sobreviven no territorio da parroquia de Coia os nomes anteriores á radical transformación dos espazos por causa da expansión urbana nas últimas décadas do século XX. E a ese labor engadiu o de pescudar na orixe e significado orixinarios dos topónimos, atendendo aos mecanismos da lingüística histórica e ás regras de evolución das formas lingüísticas.