
Toponimia e Escola quere converterse nunha guía para a exploración do entorno toponímico do alumnado. A presencia da Toponimia no curriculum escolar era ata o de agora ocasional, ficando cun valor tan testemuñal como cativo dentro do capítulo “Substrato e Superestrato”, sección de Léxico-Semántica, na área de Lingua. Toponimia e Escola pretende mostrar o enorme potencial didáctico que ofrece o nome propio de lugar e salientar, ó tempo, a súa importancia como recurso ao servizo do proceso xeral de Normalización Lingüística.